Clases dos días 16 e 17 de abril de 2013

Pido disculpas pola ausencia do día 16, por razóns médicas. En calquera caso, quedou o traballo organizado con Xosé López. Estes dous días temos a misión de acabar o texto sobre a conferencia de Manuel Guisande. Verémolo e seguiremos traballando con textos informativos. Déixovos tamén un par de enlaces a dúas notas de prensa oficiais, emitidas pola Xunta de Galicia, e o noso traballo será darlle unha volta ao contido. Fixarédesvos en que este tipo de informacións de gabinete veñen escritas en clave positiva e sempre deixando quedar ben ao organismo que as emite. A nosa misión é apreciar onde están eses matices dos que teremos que prescindir e, en todo caso, se queremos deixar algún, sempre atribuiremos á fonte os xuízos de valor.
Unha pode ser [esta]. Fixádevos que se venden logros que, ao mellor, podemos discutilo, chegan con moitísimo retardo. Ao mellor a noticia non é que o conselleiro firme tal ou cual cousa, senón que, por exemplo, ata o de agora non existía a posibilidade de examinarse para o carné de conducir en galego.
Outra pode ser [esta]. De novo véndesenos un logro. Veremos se é tal ou se a noticia é outra. ¿Que pensades? ¿A propia administración recoñece que está sobredimensionada e chea de chiringuitos? ¿Agora si hai que recortar? Falamos.
Outra cousa: Teño rexistrados doce nomes de alumnos que, a día de hoxe, non teñen ni o blog creado. Iso é un problema grave. A xente que ten prácticas pendentes debería ter todo feito para antes de que remate este mes. Evidentemente, o criterio de avaliación variará en función de que a xente viñera cada día a clase e fixera o que había que facer ou se as prácticas foran feitas no último momento. Pero é imprescindible para a media coa teoría, insisto, que haxa un mínimo de prácticas. Quero dicir prácticas ben feitas, tendo en conta as correccións que facemos na clase. Non queda nada. Ánimo.

Unha mensaxe para vós de Iñaki Gabilondo

gabilondo

Foto: Xoán A. Soler, La Voz de Galicia

Nestes tempos convulsos e incertos, non está mal que alguén que sabe do que fala vos transmita ánimo. Como sabedes, o pasado martes entrevistei a Iñaki Gabilondo para o xornal. Por riba do que está publicado, Gabilondo fíxome chegar unha mensaxe para vós que procedo a transmitir e que, xunto coa intervención de Manuel Guisande e o que eu, modestamente, tento darvos en clase, aporta -penso- esperanza para que non deixedes de confiar no futuro.

“Que no se olviden de que lo que está pasando, está pasando. Pasando [hace un gesto con la mano para indicar que es algo que discurre] La gente joven tiene la perspectiva de que lo que ahora hay es lo que siempre va a haber. Y esto va a cambiar mucho. Que tienen que prepararse para muchas novedades que se van a producir, pero que no se desesperen, porque esta situación no está solidificada, está en circulación hacia otras. A lo mejor peores, pero hacia otras. Cuando yo hice periodismo, hice periodismo porque quería trabajar en la radio. Cuando terminé periodismo no se podía dar información en la radio, era obligatorio conectar con Radio Nacional de España, la información se hacía mediante subterfugios. Hora 25 se llamaba “un programa de cuestiones actuales”, no se podía decir que fuera un programa informativo. Pero yo hice periodismo porque quería trabajar en la radio y pensaba que aquello no podía tardar. Efectivamente, no tardó: catorce años. Las circunstancias y los movimientos que se dan en la vida tienen que tomarse en consideración para no caer en la desesperación. Yo conocí el periodismo como un oficio que nadie quería ejercer. Luego como un oficio que todos querían ejercer. Luego como la última moda, luego como la última mierda. No hay que hacerle caso a ese tipo de cosas, las corrientes van sucediéndose y la vida es muy larga. Por eso me parece un error muy grande lo que dijo el ministro Wert, cuando dijo que no sigáis solo vuestra vocación, sino que penséis en cosas que tengan posibilidades: Eso es algo completamente inadecuado y completamente impropio de una persona adulta. Una persona adulta que sabe de la vida, lo que precisamente os tiene que decir es: ¡Agarraos a vuestra vocación, y sabed que las vueltas de la vida se van a producir, pero agarraos a vuestra vocación, no os apuntéis en la coyuntura. Hasta hace cinco años la arquitectura era el oficio más chollo de todos, y ahora están todos parados. Hay que tener perspectiva y apuntarse a la esperanza, aunque entiendo que es dificilísimo”

 

.

 

Clases dos días 9 e 10 de abril

Hoxe remataremos a práctica sobre sa polémicas fotos de Alberto Núñez Feijoo, faremos as correccións e logo, botando man da memoria, contaremos o que deu de si a conferencia de Manuel Guisande o día 8 na Facultade. Os que non estiveron na charla teñen a misión de buscar que pasou, quen é Guisande e que dixo. Os xornalistas, moitas veces, non chegamos a tempo a todos os sitios aos que nos mandan. Logo o de buscarse a vida tamén é algo que hai que facer nesta profesión. O dito, os que non fostes á conferencia perdéstesvos a un gran tipo e gran compañeiro. Pero iso non quita que non poidades facer a práctica. Saúdos.

P.D. Unha recomendación: ¿Por que non probades a ler a Juan Tallón e a Manuel Jabois? Sorprenderédesvos. Son dous exemplos de tipos que escriben botando as tripas polos dedos, que o dan todo e que non teclean nada que non sexa imprescindible. Hai máis, pero tedes que buscalos.

http://www.manueljabois.com/

http://descartemoselrevolver.com/

Clases dos días 2 e 3 de abril 2013

Hoxe toca ler os textos que fixemos antes das vacacións. Insistimos: das W, o cando é importante, pero non o máis importante, así que, por favor, non o poñades de comezo. Frases curtas. Puntuación. Explicación dos feitos. Notas adicionais ao final -consellos da policía, por exemplo-. Convén familiarizarse coa introducción de citas textuais entre aspas, que ben poden ser extraídas dos comunicados facilitados polos gabinetes, a falta doutra fonte. Despois, aproveitando o fío da actualidade, falaremos de xornalismo de investigación vs. xornalismo de filtración. E faremos unha práctica que terá como eixo a publicación das fotos do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, na compaña do narcotraficante Marcial Dorado.

Textos recomendados:

Periodismo de filtración, periodismo de investigación, de José María Caminos Marcet

¿Qué hacer el primer día de una clase de periodismo?, de Roberto Herrscher

Clases dos días 19 e 20 de marzo de 2013

Traballamos coa policía.

Os gabinetes de comunicación son hoxe indispensables en todo tipo de empresas, organismos, institucións e colectivos profesionais, culturais, sociais e  de todo tipopo. Os medios reciben centos de notas todos os días, e gran parte do labor do xornalista consiste en procesar esa información. Moitos, moitísimos primeiros traballos de becario consisten, precisamente, en adaptar e “darlle unha volta” ás notas enviadas polos gabinetes. Tedes dous enlaces a dúas informacións remitidas pola comisaría do Corpo Nacional de Policía (así é como se chama, e non policía nacional) de Santiago de Compostela. Son notas reais, que saíron publicadas nos medios. Podedes escoller calquera das dúas temáticas que vos propoño. Hai información dabondo, pero non temos que esquecer que é información peneirada pola propia policía, isto é, dan datos e omiten outros segundo lles conveña. Nós teremos que refacer ese material e facelo publicable. Veredes que a policía cae en erros de redacción dos que falamos na clase. Na casa só vos pido que leades ese material e que vos familiaricedes con el. Na clase faremos, primeiro, un esquema decidindo cada un a información máis relevante. Redactaremos unha pequena entradilla, un corpo do texto e, ao final titularemos e compararemos resultados. Rara vez a policía da os nomes dos detidos. Podemos debatir esa cuestión e se, como xornalistas, temos que dar ou non os datos persoais no caso de que os coñezamos á marxe da información do gabinete. Os enlaces son os seguintes:

Un ladrón de ximnasios [aquí]

Roubos de xoias [aquí]

 

 

Escribir é importante, pero ler aos mestres tamén. Clases dos días 5 e 6 de marzo

Nestes días raros, déixovos unha lectura moi recomendada. Non estaría mal que lle fagades algo de caso ao manifesto que vén de escribir Tim Radford, xornalista xubilado de The Guardian. Aquí tedes a versión en castelán e aquí o orixinal, en inglés. Engadide, a modo de prólogo ou de epílogo, aquela frase do mestre Kapuściński que vos repito de cando en vez: ”Para ser bo xornalista, hai que ser boa persoa”. Despois repasade por favor os textos sobre Sermos Galiza, cambialos uns cos outros e facede as correccións que estimedes. A semana que vén estamos ao cen por cen (confío). Saúdos.

Clases dos días 26 e 27 de febreiro

Algúns xa estades avisados. En calquera caso, nin hoxe nin mañá estarei con vós por causa médica. Iso non quere dicir que non haxa clase. Abriranvos a aula e todos tedes traballo: redactar a presentación de Sermos Galiza que fostes cubrir o xoves pasado. Lembrade algunhas cousas:

1. Coidade o inicio, hai que despertar a atención do lector. Frases curtas. Podedes comezar cunha  frase literal de algúns dos que estaba na presentación que resuma, por exemplo, os obxectivos da nova publicación. E desde aí, redactade o resto da noticia seguindo as pautas que Xosé vos explica na teoría.

2. Procurade dar resposta ás famosas W . Non comecedes co cando. A presentación realizouse o xoves, pero temos que darlle a máxima actualidade posible. Sería correcta a fórmula: “Sermos Galiza nace para a construción colectiva dun novo medio de comunicación galego”. Así o dixeron [onte, o xoves...] en Santiago XXX e XXX“. Non sería correcto comezar: “Onte presentouse en Santiago Sermos Galiza”.

3. Hai que atribuír todas as frases literais que empreguedes, con  nome e cargo da persoa que as di: Fulano de Tal, director editorial. Prestade moita atención a escribir correctamente nomes e apelidos. Se cometemos erros perdemos credibilidade.

4. Fuxide no posible das frases subordinadas. Mellor frases curtas, puntos e seguido. Ritmo.

5. Lede varias veces o texto antes de darlle a publicar. Convén que cambiedes o texto entre vós para detectar erros, de estrutura e tamén de ortografía; catro ollos ven máis que dous.

6. Non abreviamos nada. Se empregamos siglas, poñemos primeiro que significan e as siglas entre parénteses.

7. Tampouco abreviamos nomes. Non existen J. Manuel, M. del Carmen… J. Manuel pode ser o mesmo Juan Manuel que José Manuel, e iso enreda. Nomes completos e claros.

8. Facede un pequeno esquema do que queredes contar antes de lanzarvos, ben sexa mental, ben escrito. Pensade que nunha presentación dinse moitas cousas e nós, como xornalistas, temos que sacarlle a esencia a todo iso.

9. Fuxide dos xuízos de valor. Calquera afirmación e opinión verquida na presentación terá que ser atribuída a quen a fai.

10. Non sobreactuedes: escribide como falades. Iso non quere dicir que non haxa riqueza léxica. Empregade sinónimos: dixo, asegurou, afirmou, explicou…

Se todo sae sobre o previsto, correxiremos os traballos nas clases dos días 5 e 6 de marzo. Saúdos e ánimo.

Clase do 20 de febreiro

Enlaces sobre a renuncia de Bieito XVI

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/02/11/actualidad/1360580038_865243.html

http://www.eldiario.es/politica/Papa-anuncia-dimision_0_100090108.html

http://www.publico.es/450499/el-papa-dimite-por-razones-de-salud

http://es.noticias.yahoo.com/papa-dimitira-cargo-28-febrero-medios-italianos-110011100.html

Sobre o verbo dimitir:
http://www.fundeu.es/recomendacion/el-papa-renuncia-no-dimite-ni-abdica/

Clase do 19 de febreiro

Hoxe seguiremos co mesmo esquema da sesión pasada, pero cos outros dous grupos. Tedes a encomenda do profesor Xosé López de ir cubrir o xoves a presentación de Sermos Galiza, sobre o que despois traballaremos na clase. Irei engadindo na columna dereita do blog cousas que vos poidan ser prácticas. Aconséllovos tamén a lectura deste artigo de Elisa Silió en El País, que di cousas coas que concordo plenamente.

El que escriba “habrir” no debería graduarse

Clase do 13 de febreiro do 2013

Hoxe foi día de presentacións. Falamos dos obxectivos da asignatura e creamos o blog persoal de cada un, unha espazo que será ferramenta de traballo no día a día e tamén carta de presentación. Os blogs están feitos desde a plataforma WordPress empregando un servidor propio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) -lembrade, así é como se escriben as siglas a primeira vez, poñendo primeiro o nome completo do organismo que sexa-.  Logo de crear cada blog, seguindo todos o modelo de xornalismousc.com/nomeapelido do alumno, escribimos o primeiro post: unha presentación, sen máis. O obxectivo é ver cómo escribe cada un, saber como manexamos a ortografía, a acentuación, a puntuación. Cuestións todas fundamentais e básicas. Fixemos correción comunitaria e saíron as primeiras cousas. Falamos de como escribimos as siglas; os anos, sempre en número e sen punto (2003); as idades, en número (teño 18 anos); os guarismos (ou algarismos), en letra sempre e cando a cantidade se escriba cunha soa palabra: mil; en número cando non é así (1.548). Fuximos de expresións como “etcétera” ou “etc”;  empregamos as aspas só para as citas textuais. Se queremos remarcar unha palabra ou dotala de carga irónica, farémolo empregando cursiva, tamén se inserimos termos doutros idiomas. Utilizaremos como libro de apoio a versión 3.3 do Libro de Estilo de La Voz de Galicia, que se pode descargar neste mesmo blog, arriba. Traballaremos sempre cunha pestana aberta para consultar dúbidas, ben no dicionario da Real Academia Española (RAE), ben o da Real Academia Galega (RAG). Damos liberdade absoluta para todo o que ten que ver co deseño do blog. Insisto en que publiquedes tendo claro que o blog será de acceso público. Os comentarios ás entradas só se publican se vós os moderades na sección Comentarios. E rematamos dando pistas sobre o tema co que comezaremos a traballar xa textos informativos na clase seguinte, sempre: a dimisión do papa (con minúscula). Iso, se non pasa nada de maior relevancia. Convén que lle botemos un ollo ao Libro de Estilo de La Voz de Galicia (en cursiva o título, precisamente porque é o título, o mesmo que os das películas, os nomes de animais, os alcumes, os nomes de barcos…) Hai que ler moito e estar informados da actualidade, porque en calquera momento igual temos que improvisar un escrito. Tentaremos que este blog resuma a esencia de cada clase. Pero ollo, só a esencia: a asistencia é obrigatoria. As ausencias deben ser comunicadas ao meu enderezo electrónico. Saúdos.