Clases dos días 16 e 17 de abril de 2013

Pido disculpas pola ausencia do día 16, por razóns médicas. En calquera caso, quedou o traballo organizado con Xosé López. Estes dous días temos a misión de acabar o texto sobre a conferencia de Manuel Guisande. Verémolo e seguiremos traballando con textos informativos. Déixovos tamén un par de enlaces a dúas notas de prensa oficiais, emitidas pola Xunta de Galicia, e o noso traballo será darlle unha volta ao contido. Fixarédesvos en que este tipo de informacións de gabinete veñen escritas en clave positiva e sempre deixando quedar ben ao organismo que as emite. A nosa misión é apreciar onde están eses matices dos que teremos que prescindir e, en todo caso, se queremos deixar algún, sempre atribuiremos á fonte os xuízos de valor.
Unha pode ser [esta]. Fixádevos que se venden logros que, ao mellor, podemos discutilo, chegan con moitísimo retardo. Ao mellor a noticia non é que o conselleiro firme tal ou cual cousa, senón que, por exemplo, ata o de agora non existía a posibilidade de examinarse para o carné de conducir en galego.
Outra pode ser [esta]. De novo véndesenos un logro. Veremos se é tal ou se a noticia é outra. ¿Que pensades? ¿A propia administración recoñece que está sobredimensionada e chea de chiringuitos? ¿Agora si hai que recortar? Falamos.
Outra cousa: Teño rexistrados doce nomes de alumnos que, a día de hoxe, non teñen ni o blog creado. Iso é un problema grave. A xente que ten prácticas pendentes debería ter todo feito para antes de que remate este mes. Evidentemente, o criterio de avaliación variará en función de que a xente viñera cada día a clase e fixera o que había que facer ou se as prácticas foran feitas no último momento. Pero é imprescindible para a media coa teoría, insisto, que haxa un mínimo de prácticas. Quero dicir prácticas ben feitas, tendo en conta as correccións que facemos na clase. Non queda nada. Ánimo.

Deja un comentario